viernes, 10 de marzo de 2017

Restauración

Diario de aprendizaxe


Neste traballo tivemos que facer un vídeo no que explicabamos todo aquilo que sucedera durante a restauración, coa súa cronoloxía reflectida nos audios e co seu vocabulario anexado ao final de todo antes dos nomes dos integrantes do meu grupo.
No meu caso, eu encargueime de  sintetizar os textos e a información que máis tarde iamos ler, o que me ocasionou un par de problemas posto que confundinme ao facelo pero ao final quedou ben.
Entre todos decidimos que parte grababa cada un e a min tocoume a primeira na que explicaba o tema, costoume ao principio por que non o levaba moi practicado pero ao final, despois de dous intentos fun capaz de grabalo sen ningun fallo.
Tamén entre todos buscamos as imaxes ao principio pero ao final remataron buscandolas Nacho e Gonzalo e eu vía se eran válidas ou non posto que comencei a montar o vídeo.
Encargueime de poñer as fotografías, os audios e as descripcións no vídeo e de subilo ao meu cana, o que fixo que tivera que perder unha clase e quedarme usando un ordenador mentres outra clase de tercero ocupaba o resto das pantallas e eu remaataba de subir a youtube e o diario de aprendizaxe.
Finalmente o vídeo quedou subido ao meu canal un pouco fora de tempo.